Sunday 28 de April de 2024

Uns 200 alumnos e alumnas de centros de ensino da cidade participaron nos “Obradoiros de regueifas” organizados polo Concello


Unhas duascentas alumnas e alumnos de primeiro a terceiro da ESO dos IES das Telleiras e Terra de Trasancos e do CPI do Feal participaron nos Obradoiros de regueifas organizados polo Concello a través do Servizo de Normalización Lingüística. A edil responsable do mesmo, Mercedes Taibo, valorou o éxito desta convocatoria, “que rematou onte e na que os participantes tiveron a oportunidade de coñecer xéneros como o trap, o rap e as pelexas de galos, que non relacionaban coa cultura galega”.

Taibo indicou que “a través destes obradoiros impartidos en febreiro buscamos familiarizar ao alumnado coa regueifa, un xénero de improvisación oral característico do patrimonio cultural galego, con moito enxeño e creatividade e co que promovemos o uso da lingua galega”.

A edil naronesa agradeceu a implicación das persoas participantes e incidiu no feito de que lles chamou a atención “que en galego teñamos un xénero semellante ao rap, co que foron uns obradoiros moi dinámicos e ao tempo didácticos”.